Packet Tracer – Simulación de Redes

Packet Tracer é un programa de simulación de redes desenvolvido pola empresa Cisco Systems. Trátase dun software moi útil na aprendizaxe do funcionamento dos dispositivos de rede e dos distintos protocolos e capas do Modelo OSI.

Podes obter máis información nas seguintes ligazóns:

Seguridade en redes domésticas

Un usuario de servicios de banca electrónica pregunta qué problemas de seguridade pode ter á hora de conectarse dende a súa casa á páxina do banco. No seu domicilio dispón dunha conexión ADSL de Telefónica e ten configurada unha rede WiFi á que se conecta sen fíos utilizando o seu portátil.

¿Qué xeitos hai de que alguén poida acceder ás súas contas no seu nome? ¿Qué medidas de seguridade debería implantar na súa rede?