O circo das bolboretas

The Butterfly Circus é unha preciosa curta do 2009 proposta como base para a reflexión sobre diversidade e unha escola inclusiva.

Iguais na diversidade, educación inclusiva

O mesmo título que este entrada pero ao revés ten un curso a distancia que acabo de comezar e que durará todo o outono. Aínda estamos coas presentacións, a semana que ven entraremos en materia, así que mentres tanto aproveito a ocasión para facerme eco da campaña de Aspace con motivo do día mundial da parálise cerebral: