Protegido: Avaliacións dos alumn@s de ASI 1
Marzo 14, 2008 por aguadoBoletíns Informativos da Consellería de Educación
Febrero 29, 2008 por aguadoBoletín Informativo curso 2007/08 nº 18 da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.Atópase no portal educativo (http://www.edu.xunta.es), na zona de profesorado, sección de publicacións.
Aplicacións Libres PHP+Mysql
Febrero 17, 2008 por aguadoExisten moitas e moi variadas aplicacións libres que utilizan php e mysql. Hai xestores de blogs, sistemas xestores de contidos (CMS) e portais, xestores de cursos de formación, foros, galerías de imaxes, tendas electrónicas, libros de visitas, etc.
Pódense descargar e utilizar gratuitamente instalándoas nun servidor web Apache con soporte PHP e acceso a unha base de datos Mysql. Algunhas delas son as seguintes:
- WordPress
- sBlog
- Moodle
- cmsMadeSimple
- Drupal
- Joomla!
- phpBB
- Phorum
- Simplemachines
- zenPhoto
- Gallery2
- Coppermine
- osCommerce
- gbook
- e moitas máis…
Cada alumno de ASI 2 deberá elexir unha destas aplicación e deixar un comentario neste artigo indicando:
- Nome da aplicación
- Tipo da aplicación e breve descripción das súas funcionalidades.
- Enlace de descarga.
Como exercicio, cada alumn@ instalará no espazo web proporcionado polo ciclo a aplicación elexida, polo que se recomenda ir descargándoa e investigango tamén as instruccións de instalación.
Instalación dun equipo en ASI 1
Febrero 11, 2008 por aguadoPartindo do hardware e a infraestructura da aula de informática de ASI 1 (TIXOSA), interesa deseñar e detallar a instalación e configuración dun equipo que sirva de prototipo para clonar o resto da aula.
Partiremos dunha instalación con arranque dual nos sistemas operativos Windows XP e GNU/Linux Ubuntu.
Os alumnos de ASI1, individualmente e por orde definida por sorteo (Rubén, Humberto, Carlos, Sergio, Steven, Charli) irán propoñendo “elementos de software” a instalar no equipo prototipo. Haberá un tempo limitado para cada proposta, e éstas faranse en forma de comentario a este artigo.
A información que se debe indicar para cada proposta é a seguinte:
- Nome (*).
do programa, complemento, ou software en xeral. Pódese incluir o número de versión actual. - Tipo de licencia (*).
Licenza do software: propietaria, GPL, etc.
Se se trata de software libre este apartado puntuará dobre. - Prezo (*).
Gratuito ou en outro caso prezo dunha licenza para un equipo. - Idiomas (*).
Español puntúa dobre e Galego triple. - Categoría ou Tipo (*).
Por exemplo, oficina, video, sistemas, redes, programación, etc. - Descripción/Características (*).
Funcións e utilidade básica do software.
- Sistemas Operativos (*).
Windows, Linux ou os dous. - Enlace de descarga (*).
URL de descarga dende Internet. - Intruccións de instalación e configuración. Cursos, Manuais, Tutorias, Documentación (O).
Descripción escrita ou ligazó/s de Internet. - Software Alternativo (O).
Listado de software alternativo que desenvolve funcións similares.
Os apartados marcados con (*) son obrigatorios, e os marcados con (O) opcionais.
No primeiro comentario amósase un exemplo utilizando o Open Office.
Taller de blogs
Febrero 11, 2008 por aguadoTítulo: Taller de Blogs.
Duración: 3 horas
Lugar: Aulas de informática do IES Leliadoura
Datas e Horarios: Marzo de 2008.
Impartido por: Alumnado ASI.
Obxectivos:
● Dar a coñecer os blogs como medio de comunicación e difusión de información.
● Adquirir os coñecementos básicos para a creación e mantemento dun blog.
● Divulgar os lectores de RSS, as ferramentas que facilitan a lectura dos blogs.
Contidos:
1.- Qué é un blog ou bitácora.
2.- Para qué serve un blog. Exemplos en Internet.
3.- Cómo funciona un blog dende o punto de vista do lector.
4.- Cómo conseguir o teu propio blog. Dar de alta un blog gratuito.
5.- Edición básica de entradas. (Título, categoría, contido, publicar)
6.- Administración básica do blog.
7.- Edición avanzada de entradas. (Imaxe, audio e vídeo)
8.- Administración avanzada do blog.
Anexo I.- Variantes dos blogs: fotoblogs, podcast, etc.
Anexo II.- Lectores de blogs. Tecnoloxía RSS. Feedreader.
Requisitos
Un aula de informática e un sistema con navegador e acceso a Internet.
Máximo recomendable de prazas por curso: 14-15
Máximo de prazas total por curso (1 alumno/pc): 22
Protegido: Notas ASI1. Redes de Área Local.
Enero 28, 2008 por aguadoProtegido: Notas ASI2. Proxecto Integrado.
Enero 20, 2008 por aguadoProtegido: PI: Práctica 02
Enero 18, 2008 por aguadoProtegido: PI: Práctica 01
Enero 11, 2008 por aguadoConsultorio: Edición de vídeo
Enero 10, 2008 por aguadoDeséxase atopar programas de edición de vídeo para realizar pequenas películas no ordenador: tutoriais, documentais, etc.
Interesa coñecer qué programas existen no mercado, as súas características, indicando idioma, licencia, código aberto ou non, precio e sistema operativo no que traballa.