Archivos de la categoría ‘Xornadas Tecnolóxicas’

III Xornadas Tecnolóxicas – Concurso de Ideas.

Octubre 19, 2007

No comezo da preparación das novas Xornadas Tecnolóxicas, abrimos este apartado para que todos poidades colaborar coas vosas ideas sobre os contidos a desenvolver. Podes enviar as túas propostas en formas de comentarios a este artigo. Intenta que a túa proposta sexa o máis detallada posible, tendo en conta o seguinte:

  • Planifica unha actividade de formación en novas tecnoloxías, lúdica e educativa.
  • Desenvolverase nas aulas de informática do Leliadoura. Tamén existe a posibilidade de usar outros espacios.
  • A duración máxima da actividade será de 2 sesións de 50 minutos, aínda que entre o chegar e marchar do participantes, o tempo efectivo pode ser de pouco máis de 1 hora e vinte minutos.
  • Propón a túa idea para utilizar ese tempo, e fai un pequeno esquema ou guión coa secuencia de actividades ou tarefas a levar a cabo durante a formación.
  • Lista tamén os requisitos necesarios (material, apuntes, xente asistindo polas mesas, etc.) para levar a cabo a sesión de formación.
  • Podes propoñer algún tipo de concurso a desenvolver dentro do horario. E tamén suxerir os premios.

As propostas que se reciban serán estudiadas polo departamento de informática do IES Leliadoura, que elexirá aquelas que finalmente se leven a cabo. E de xeito particular para os alumnos de ASI, terase en conta a vosa participación a efectos académicos.

Moitas gracias pola vosa colaboración ;)