Éste é un proxecto piloto sobre software libre levado a cabo dende o ciclo superior ASI coa colaboración do Depto. de Informática. Consiste na implantación dun equipo co sistema operativo Linux Ubuntu (versión Hardy 8.04 LTS) na sala de profesores do IES Leliadoura.
Algúns servicios básicos:
- Idiomas: Galego, Español, Inglés, Francés e Italiano.
- Conexión a Internet
- Paquete Ofimática Open Office
- Edición Gráfica con GIMP.
- Conexión a Carpetas Compartidas da rede Olimpia do IES.
- Memorias USB
- Impresión de documentos (local en cor e en rede B/N)
Programas adicionais:
- Xfig, Texmaker, LyX (josep)
Pendente:
- Instalar aplicación Amaya (josep)
- Optimizar Sistema.
- Solucionar erro Firefox: XML Parsing Error.
Podes deixar aquí calquera consulta ou dúbida sobre o uso do sistema, necesidades non resoltas, queixas, suxerencias, etc.


Esta é a semana na que o congreso pode botar abaixo a aprobación do canon dixital, a medida pola que se gravan o soportes de grabación coma CD’s e DVD’s e na que se pretenden incluir tamén os discos duros, móviles e todo tipo de dispositivos portátiles de almacenamento ou reproducción de arquivos multimedia. Unha recadación levada a cabo polas entidades de xestión, coa $GAE á cabeza, supostamente organizacións sen ánimo de lucro. Un imposto que se cobra indiscriminadamente á todo o mundo, incluidas as institucións públicas, para logo repartilo arbitrariamente entre os “artistas” asociados.
