Enunciados Blog Redes

A continuación tedes o listado dos artigos e exercicios que se pediron para publicar nos vosos blogs no módulo RAL:
1.- Creación e configuración básica dun blog.

  • Alta en WordPress.com
  • Crear categoría Redes
  • Crear lista de enlaces dos blogs dos compañeiros
  • Presentación básica do blog

2.- Puntos de acceso a Internet

Relación dos puntos de acceso a Internet públicaos coñecidos na Barbanza, con unha imaxe e enlace ao mapa de Google Maps.

3.- Hardware Posto

Analiza e describe as características do hardware do teu posto de traballo na clase.

4.- Cable de rede UTP

Compoñer un artigo onde se explique cómo se colocan os conectores RJ45 nun cable UTP, ilustrándoo con imaxes.

5.- Ubuntu

Facer un resumo da información de “Acerca de Ubuntu”, xenerar un pdf, e subilo ao blog.

6.- Mapas do estado de Internet

Crear un artigo cos seguintes dous enlaces sobre o estado mundial de Internet:

7.- Programa DIA

Crear un artigo sobre o programa de crear diagramas para Linux DIA, a partir da entrada da Wikipedia.

8.- UTP Ca. 5 e 5e

Especificar as diferencias entre as dúas categorías e sobre o xeito de colocar os conectores.

9.- Google Maps

Crear un artigo cunha imaxe satélite do IES Leliadoura que conteña un enlace a Google Maps.

10.- Gigabit Ethernet

Crear un artigo sobre o estándar Gigabit e as súas características básicas.

11.- Rede de dous equipos

Artigo sobre cómo conectar dous equipos mediante un cable de rede cruzado, ilustrado cun diagrama feito có programa DIA.

12.- NIC

Tarxetas de rede. Modelos comerciais dos estándares Wifi e Gigabit, PCI e USB, co prezo actual e un gráfico.

13.- Hub, Switch, Router, Modem

Pois iso, modelos comerciais.

14.- Cableado Estructurado

Resumo das fotocopias. Contidos esenciais (). Coidar formato: apartados, listas, negrita, etc.

15.- Rede Estrela

Diagrama e explicación de cómo montar unha rede en estrela.

16.- Documental “Código Linux”.Colocar o vídeo no blog e responder ás preguntas:

  1. Sentido orixinal da palabra “Hacker”.
  2. País e ano de nacemento de Linus Torvalds.
  3. ¿A qué se refiren os términos “Linux”, “GNU”, “GNU/Linux”?
  4. ¿A partir de qué sistema operativo se creou Linux?
  5. ¿En qué consiste a licencia GPL e cal é a súa finalidade?
  6. Investiga os términos Geeks, Nerds.
  7. ¿En qué ano apareceu a versión 1.0 de Linux?
  8. ¿Cal foi a aportación de Richard Stallman?
  9. ¿Cal é a ambigüedade do término “Software Libre” en inglés?
  10. ¿Qué significa o término “open source”?
  11. ¿Cal é a parte comercial do software libre? ¿Por qué servicios se cobra?

17.- Arquitectura de Redes. Glosario.

Definicións de:

  • Protocolo.
  • Capa ou nivel.
  • Interfaz.
  • Primitivas.
  • Arquitectura de rede.
  • Sistema aberto.
  • Entidades.
  • Entidades pares.
  • Punto de acceso ao servicio, SAP.
  • Unidade deDatos do Protocolo, PDU.

18.- Modelo OSI.

Esquema das capas, indicando número, nome, información coa que traballa, función principal e outras funcións.

19.- Modelo TCP/IP.

¿Qué son os RFC’s? ¿Qué é IETF?

Esquema dos protocolos dos diferentes niveis (aplicación, transporte, rede) coñecidos, indicando:

  • o nome e nivel
  • significado das siglas
  • función principal
  • enlace ao RFC onde está definido (a ser posible en castelán)

Escribe un comentario