Esta é a semana na que o congreso pode botar abaixo a aprobación do canon dixital, a medida pola que se gravan o soportes de grabación coma CD’s e DVD’s e na que se pretenden incluir tamén os discos duros, móviles e todo tipo de dispositivos portátiles de almacenamento ou reproducción de arquivos multimedia. Unha recadación levada a cabo polas entidades de xestión, coa $GAE á cabeza, supostamente organizacións sen ánimo de lucro. Un imposto que se cobra indiscriminadamente á todo o mundo, incluidas as institucións públicas, para logo repartilo arbitrariamente entre os “artistas” asociados.
No seguinte enlace
(http://www.enriquedans.com/2007/12/canon-seamos-serios-en-la-argumentacion.html)
reflexiónase e arguméntase, con orde e claridade en 8 puntos, sobre os principais conceptos que están en discusión, como son:
- Dereitos de autor e propiedade intelectual
- Piratería
- As descargas de Internet
- O dereito a copia privada
- O canon
- A cultura “en perigo”
- Os escritos asinados por “grupos de artistas”
Un excelente artigo que aclara moitas cousas e que vos recomendo a tod@s.
Por outra banda, despois de ter asinado máis de millón e medio de persoas, a campaña de recollida de sinaturas contra o canon segue aberta. Se aínda non o fixeches… Asina XA!