Linux Ubuntu en Probas

Mayo 19, 2008 by aguado

Éste é un proxecto piloto sobre software libre levado a cabo dende o ciclo superior ASI coa colaboración do Depto. de Informática. Consiste na implantación dun equipo co sistema operativo Linux Ubuntu (versión Hardy 8.04 LTS) na sala de profesores do IES Leliadoura.

Algúns servicios básicos:

  • Idiomas: Galego, Español, Inglés, Francés e Italiano.
  • Conexión a Internet
  • Paquete Ofimática Open Office
  • Edición Gráfica con GIMP.
  • Conexión a Carpetas Compartidas da rede Olimpia do IES.
  • Memorias USB
  • Impresión de documentos (local en cor e en rede B/N)

Programas adicionais:

  • Xfig, Texmaker, LyX (josep)

Pendente:

  • Instalar aplicación Amaya (josep)
  • Optimizar Sistema.
  • Solucionar erro Firefox: XML Parsing Error.

Podes deixar aquí calquera consulta ou dúbida sobre o uso do sistema, necesidades non resoltas, queixas, suxerencias, etc.

O novo Linux Ubuntu xa dispoñible!

Abril 24, 2008 by aguado

Acábase de publicar a última versión do sistema operativo Linux Ubuntu, a chamada Hardy Heron ou 8.04 (por abril de 2008), unha versión con soporte de longa duración (LTS) ata o ano 2011.

Xa podes probala descargándoa dende a páxina oficial de Ubuntu.

Ou se prefires a descarga P2P usando torrent (os servidores de descarga directa pódense saturar) podes elexir o teu no seguinte directorio: http://torrent.ubuntu.com:6969/

Protegido: Avaliacións dos alumn@s de ASI 2

Marzo 14, 2008 by aguado

Esta entrada está protegida. Para verla, escribe la contraseña:


Protegido: Avaliacións dos alumn@s de ASI 1

Marzo 14, 2008 by aguado

Esta entrada está protegida. Para verla, escribe la contraseña:


Boletíns Informativos da Consellería de Educación

Febrero 29, 2008 by aguado

Boletín Informativo curso 2007/08 nº 18 da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.Atópase no portal educativo (http://www.edu.xunta.es), na zona de profesorado, sección de publicacións.

Acceso directo ao último boletín.

Acceso aos boletíns anteriores.

Aplicacións Libres PHP+Mysql

Febrero 17, 2008 by aguado

Existen moitas e moi variadas aplicacións libres que utilizan php e mysql. Hai xestores de blogs, sistemas xestores de contidos (CMS) e portais, xestores de cursos de formación, foros, galerías de imaxes, tendas electrónicas, libros de visitas, etc.

Pódense descargar e utilizar gratuitamente instalándoas nun servidor web Apache con soporte PHP e acceso a unha base de datos Mysql. Algunhas delas son as seguintes:

  • WordPress
  • sBlog
  • Moodle
  •  cmsMadeSimple
  • Drupal
  • Joomla!
  • phpBB
  • Phorum
  • Simplemachines
  • zenPhoto
  • Gallery2
  • Coppermine
  • osCommerce
  • gbook
  • e moitas máis…

Cada alumno de ASI 2 deberá elexir unha destas aplicación e deixar un comentario neste artigo indicando:

  1. Nome da aplicación
  2. Tipo da aplicación e breve descripción das súas funcionalidades.
  3. Enlace de descarga.

Como exercicio, cada alumn@ instalará no espazo web proporcionado polo ciclo a aplicación elexida, polo que se recomenda ir descargándoa e investigango tamén as instruccións de instalación.

Instalación dun equipo en ASI 1

Febrero 11, 2008 by aguado

Partindo do hardware e a infraestructura da aula de informática de ASI 1 (TIXOSA), interesa deseñar e detallar a instalación e configuración dun equipo que sirva de prototipo para clonar o resto da aula.

Partiremos dunha instalación con arranque dual nos sistemas operativos Windows XP e GNU/Linux Ubuntu.

Os alumnos de ASI1, individualmente e por orde definida por sorteo (Rubén, Humberto, Carlos, Sergio, Steven, Charli) irán propoñendo “elementos de software” a instalar no equipo prototipo. Haberá un tempo limitado para cada proposta, e éstas faranse en forma de comentario a este artigo.

A información que se debe indicar para cada proposta é a seguinte:

  1. Nome (*).
    do programa, complemento, ou software en xeral. Pódese incluir o número de versión actual.
  2. Tipo de licencia (*).
    Licenza do software: propietaria, GPL, etc.
    Se se trata de software libre este apartado puntuará dobre.
  3. Prezo (*).
    Gratuito ou en outro caso prezo dunha licenza para un equipo.
  4. Idiomas (*).
    Español puntúa dobre e Galego triple.
  5. Categoría ou Tipo (*).
    Por exemplo, oficina, video, sistemas, redes, programación, etc.
  6. Descripción/Características (*).
    Funcións e utilidade básica do software.
  7. Sistemas Operativos (*).
    Windows, Linux ou os dous.
  8. Enlace de descarga (*).
    URL de descarga dende Internet.
  9. Intruccións de instalación e configuración. Cursos, Manuais, Tutorias, Documentación (O).
    Descripción escrita ou ligazó/s de Internet.
  10. Software Alternativo (O).
    Listado de software alternativo que desenvolve funcións similares.

Os apartados marcados con (*) son obrigatorios, e os marcados con (O) opcionais.
No primeiro comentario amósase un exemplo utilizando o Open Office.

Taller de blogs

Febrero 11, 2008 by aguado

Título: Taller de Blogs.
Duración: 3 horas
Lugar: Aulas de informática do IES Leliadoura
Datas e Horarios: Marzo de 2008.
Impartido por: Alumnado ASI.

Obxectivos:

● Dar a coñecer os blogs como medio de comunicación e difusión de información.
● Adquirir os coñecementos básicos para a creación e mantemento dun blog.
● Divulgar os lectores de RSS, as ferramentas que facilitan a lectura dos blogs.

Contidos:

1.- Qué é un blog ou bitácora.
2.- Para qué serve un blog. Exemplos en Internet.
3.- Cómo funciona un blog dende o punto de vista do lector.
4.- Cómo conseguir o teu propio blog. Dar de alta un blog gratuito.
5.- Edición básica de entradas. (Título, categoría, contido, publicar)
6.- Administración básica do blog.
7.- Edición avanzada de entradas. (Imaxe, audio e vídeo)
8.- Administración avanzada do blog.
Anexo I.- Variantes dos blogs: fotoblogs, podcast, etc.
Anexo II.- Lectores de blogs. Tecnoloxía RSS. Feedreader.

Requisitos

Un aula de informática e un sistema con navegador e acceso a Internet.
Máximo recomendable de prazas por curso: 14-15
Máximo de prazas total por curso (1 alumno/pc): 22

Packet Tracer 4.1

Enero 29, 2008 by aguado

Packet Tracer é un programa de simulación de redes desenvolvido pola empresa Cisco Systems. Trátase dun software moi útil na aprendizaxe do funcionamento das capas inferiores do modelo OSI.

Pódelo descargar nas seguintes ligazóns:

Protegido: Notas ASI1. Redes de Área Local.

Enero 28, 2008 by aguado

Esta entrada está protegida. Para verla, escribe la contraseña: